jueves, 5 de enero de 2012

APRENDE A INNOVAR



Biblioteca práctica de innovación de Galicia. Recursos formativos gratuitos para aprender a innovar

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica,
pon a disposición dos empresarios e emprendedores galegos a Biblioteca práctica de
innovación de Galicia, un interesante recurso de formación baseado no convencemento
de que a difusión de ideas innovadoras é un paso previo necesario para facilitar un
avance firme e sustentable na competitividade das empresas. A biblioteca aborda catro
temáticas interrelacionadas: a xestión da innovación, a tecnoloxía, o financiamento da innovación
e o capital humano e a creatividade neste ámbito.

A biblioteca práctica de innovación de Galicia, “Aprende a Innovar”, 
está xa a disposición dos empresarios e emprendedores galegos que
desexen descargar os exemplares en formato dixital, tanto para Ipad
como en formato de libro electrónico ou como pdf.

As descargas, gratuítas, pódense facer tanto en galego como
en castelán. Para facelo, unicamente é necesario rexistrarse como 
usuario na web do Igape. 

Títulos dispoñibles

Enlace: IGAPE

No hay comentarios:

Publicar un comentario